JAMES LEG
El Beasto Bookings & Bad Seed presentan en concerto:
JAMES LEG ( American blues-soul-rock singer-songwriter )
Martes 17 Marzo 2026 * 21:00 h.
CAFE CULTURAL AURIENSE
adiantado 15€ / billeteira 19 €urocksa venda: AURIENSE * ROCK CLUBon-line: https://entradium.com/events/james-leg-en-ourense
Reservas x WhatsApp: 633 234 658
Cando formaba parte dos Black DiamondHeavies ou os Immortal Le CountyKillers, o seu nome era John Wesley. Na actualidade podes esquecerche de formalismos e chamalo simplemente James Leg. Procedente dos pantanos de Tennessee e o deserto de Texas, John Wesley Myers, alias James Leg, comezou a tocar o piano para acompañar os sermóns do seu pai, un reverendo da igrexa anglicana. Contan que descubriu o rock durante a súa asistencia a un homilía na que se describía o perigo que entrañaba a música secular para os crentes. Desde aquel día, xa non houbo retorno. O mozo John caeu rendido #ante a música do diaño e de inmediato decidiu consagrar o seu tempo para aprender aqueles malignos compases. Fillo dun pastor texano, James Leg naceu e criouse no sur profundo dos Estados Unidos, nun contexto de música gospel. Inicialmente coa intención de seguir os pasos do seu pai, finalmente decidiu predicar doutra maneira, a base de blues explosivo cun piano eléctrico FenderRhodes… O son de James Leg é sucio, cru, visceral, pero destila un groove fenomenal que fai que a música de Leg sexa capaz de encantar os sentidos da súa audiencia. O reverendo James Leg predica así a boa palabra dun rock con selo setenteiro que rezumabourbon e tabaco. O son é colosal e a voz do reverendo soa como un torrente de lava en ebulición. Rock e soul capaz de facerche bailar toda a noite. Concertos incendiarios, FenderRhodes en fusión nuclear, voz guiada polo diaño: James Leg predica o boogie, celebra o soul, encarna o rock’n’roll cunha furia e unha maxia dignas das estrelas máis escuras. Rock poseido,baladas encantadas cunha melancolía conmovedora, boogie soul dos setenta, blues sucio do sur: James Leg difunde a boa nova. Todo un sermón de rock´n´roll !!
