O Auriense
No Casco Vello ourensán, no alto da Praza do Correxedor, atópase o Café Cultural Auriense. Dende o 2000 como Café segue a entreter a todo aquel que se achegue a él. É un espazo agradabel ao visitante pois adoita provocar esa sensazón de entrar nun lugar coñecido, acolledor. Quizáis sexa pola cantidade de persoas e artes que o levan enchido ao longo da súa vida, pois no C.C.Auriense sempre hai algo que ver, que fazer, que escoitar…
Desde os seus inicios conta cunha programazón que, ano tras ano, non fai senón medrar.
Exposicións de fotografía , oleo , acuarela, tapiz, collage, cartaces, camisetas, reloxios, coiro, bisuteria e muitos outros obxetos artesanais enchen sempre as paredes e mais as mesas do café. O seu pequeno escenario leva sostido a muitos grandes artistas de países moi diversos, así como a outros muitísimos ourensáns ( ou non) que deciden comezar na aventura da música e que buscan un lugar onde os escoiten. Espectáculos de maxia, teatro, cabaret son tamén habituais na programazón; do mesmo xeito que actividades como a poesía, presentazón de libros, mesas redondas, proxezón de documentais, conferencias … Todo canto implique cultura ten o seu lugar na apretada programazón do C.C.Auriense.
O cliente pode compañar a súa estancia cunha ampla variedade de bebidas: desde cafés ou infusions, até as habituais copas combinadas, pasando por unha boa cervexa de adega e, por suposto polos tradicionais licores galegos.
A nosa recomendazón: disfrutar ,cunha boa copa de licor café na man, da excepcional vista da catedral que se ve dende a terraza do Auriense…a eso das 21.30hs…algo inesquecíbel!!!
Café Cultural Auriense
Praça do Corregedor 11
32005 Ourense
UE-Galiza
Tfn.: 0034 988 222536
Como chegar – Como llegar – How to get
www.cafeauriense.gal
auriense@gmail.com
Horário: 18:00 h. ate 03:00 h.